Saltar ao contido

Summum bonum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Summum bonum ('sumo ben' ou 'ben maior, en latín) é unha expresión latina, introducida por Cicerón,[1] usada na filosofía — particularmente, en Aristóteles,[2] na filosofía medieval e na filosofía de Immanuel Kant — para describir o ben maior que o ser humano debe buscar.[3]

De modo xeral, summum bonum é interpretado como sendo o obxectivo final, contendo todos os outros bens. Na filosofía cristiá, o ben maior é comumente definido como a vida dos xustos, vivida en comuñón con Deus e de acordo cos preceptos divinos.

O concepto, ben como as consecuencias filosóficas e teolóxicas, pode ter orixe nas formas clásicas do monoteísmo.[Cómpre referencia] Foi presentado ao mundo Occidental a través de filósofos neoplatónicos, e descrito como característica dun Deus cristián por Agostiño de Hipona na súa obra De natura boni (en galego, A Natureza do Ben), escrita polo 339. Agostiña nega a existencia positiva do mal absoluto e describe un mundo con Deus como o ben supremo no centro, e define diferentes graos de mal como as diferentes etapas da distancia.[4][5]

O sumo ben pode ser encontrado en varias doutrinas:

  • Utilitarismo, unha doutrina ética onde o ben maior é asociado ao benestar do maior número de persoas posíbel;
  • Eudemonismo, doutrina segundo a cal a felicidade é o ben maior dos seres humanos;
  • Deontoloxía, doutrina onde o ben maior é identificado coa moral e o deber.
  1. Dinneen, M.F. (1909). "The Highest Good". In Herbermann, Charles. Catholic Encyclopedia. 6. Nova York: Robert Appleton.
  2. "Summum bonum (philosophy) -- Britannica Online Encyclopedia". Consultado o 2011-07-17. 
  3. Chisholm, Hugh, ed. (1911). "Summum Bonum". Encyclopædia Britannica 26 (11ª ed.). Cambridge University Press (en inglés). p. 81. 
  4. Koslowski (1988), p. 170
  5. Lay (1989), p. 85

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Koslowski, Peter (1988). Prinzipien der Ethischen Ókonomie. Grundlegung der Wirtschaftsethik und der auf die Ókonomie bezogenen Ethik (en alemán). Tubinga: J.C.B. Mohr (Paul Siebeck). ISBN 3-16-245319-4. 
  • Lay, Rupert (1989). Ethik für Manager (en alemán). Düsseldorf / Viena / Nova York: ECON Verlag. ISBN 978-3430159166. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.